Novidades

22.09.2020 20:15
A Asociación promove as clases de Música e Movemento para nen@s entre idades de 3 a 7...
07.09.2020 11:43
A A.C. Antaruxas e Sorteiros organiza unha masterclass de baile en colaboración co mestre...
13.07.2020 21:00
Estimados soci@s,   Poñémonos en contacto con vós para mantervos informados sobre as...

Actuacións

19.07.2015 23:11
O pasado día 11 de Xullo de 2015 actuamos en Valladolid, invitados polo Grupo de danzas Ribera del Pisuerga e compartindo esceario tamén co Grupo Folclórico Municipal Ntra. Sra. del Castañar (Béjar- Salamanca)
01.06.2015 16:17
Este ano actuou por segunda vez o grupo "Sorteiriños" e debutou así mesmo o grupo de cantareiras "Zagalexo", ambolos dous pertencentes a "Antaruxas e Sorteiros"
16.08.2014 01:01
O pasado dia 9 de Agosto celebróuse a XVII Mostra Folklórica da Fonsagrada, que comezou pola mañá co Festival Infantil. Unha vez máis, o festival resultou un éxito de público que gozou coa actuación do grupo local, Antaruxas e Sorteiros, así como cos nosos convidados: Grupo Municipal de " Danzasde...
03.08.2014 21:31
O pasado sábado 2 de Agosto actuou o grupo de gaitas e baile da Asociación Cultural "Antaruxas e Sorteiros" da Fonsagrada, na Semana Cultural de Valdelacalzada, Badajoz, convidado polo Grupo de Coros e Danzas "Araval" do citado municipio pacense. Queremos agradecer aos compoñentes de Araval, así...
01.07.2014 22:00
O grupo de música e baile da Asociación "Antaruxase e Sorteiros" desplazouse a fin de semana do 14 de Xuño a Lisboa, para participar no XXV Festival Folklórico Internacional do Bairro da Fraternidade,cun gran éxito de asistencia de público. Este grupo actuará o...
12.03.2014 17:43
O pasado dia 23 de febreiro o grupo de Gaitas e Danzas da Asociacion Cultural particiou na XVII Feira do Butelo 2014, amosando ante unha numerosa concentracion de publico un variado repertorio de gaita e baile tradicional, merecedor das mellores criticas pola mestura de musicos e bailarins de...
10.08.2013 16:11
Videos da actuación dos grupos de gaitas, percusión e baile de Antaruxas e Sorteiros na Mostra Folklórica do pasado 10 de agosto de 2013.
11.09.2012 21:39
A asociación cultural Antaruxas e Sorteiros participou no Festival Folclórico inmerso nas festas en honra a Santa Isabel, na localidade asturiana de Lugones.    
21.08.2012 09:58
Videos da actuación dos grupos de gaitas, percusión e baile de Antaruxas e Sorteiros na Mostra Folklórica do pasado 11 de agosto de 2012.  
16.02.2012 16:49
"Xota do Vilarón" bailada a modo de "maneo" polo grupo de baile de Antaruxas e Sorteiros  
1 | 2 | 3 | 4 >>

Novidades

22.09.2020 20:15
A Asociación promove as clases de Música e Movemento para nen@s entre idades de 3 a 7 anos, a comenzar cun mínimo de sete nen@s, sendo a cuota mensual 20 €/mes. A actividade tería lugar os sábados pola maña, no local social, en horario de 12:00 a 13:00 horas. O contido das clases abarcaría bailes,...
07.09.2020 11:43
A A.C. Antaruxas e Sorteiros organiza unha masterclass de baile en colaboración co mestre de danza e canto Xisco Feijóo. O citado evento terá lugar o 2 de outubro de 2020 no local da asociación, entre as 18:00 e as 22:00 h. En caso de moitos asistentes, trasladarase ao polideportivo municipal. As...
13.07.2020 21:00
Estimados soci@s,   Poñémonos en contacto con vós para mantervos informados sobre as novedades da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros. A primeiros de ano deciudiuse dende a directiva levar a cabo unha auditoría para informar ós soci@s sobre o estado de contas e a xestión da asociación,...

 "Antaruxas e Sorteiros"

        

     O grupo "Antaruxas e Sorteiros", que pertence á Asociación Cultural do mesmo nome, xorde na Fonsagrada en 1979 como iniciativa popular, coa intención de recompilar a historia da comarca a través da música e o baile. Na actualidade a parte musical está dirixida polo mestre Pepe Vaamonde (1º premio en: concurso Pelegrin de gaiteiros solistas 1993 / concurso Constantino Bellón de gaiteiros solistas 1994, 1996 e 2000, 2 Cds gravados, "Danza Prima" e "12 Polainas enteiras", un libro: "12 Polainas enteiras", como Pepe Vaamonde Grupo ten catro cd's editados "Aviouga", "Onde nace o vento", "Introterra" e "Nas Pedras do Lar"). A parte de baile tradicional está dirixida polo mestre Ismael Carcedo e por Borja Marrondo en canto a mestre de Polavilas.

    Neste grupo combínase unha depurada técnica co esplendor dos modos e usos tradicionais, como se pode apreciar nas distintas vestimentas que se locen e o uso exclusivo de instrumentos puramente típicos da rexión.

    Pola súa actividade folklórica ininterrompida e os seus traballos de investigación catalogouse a "Antaruxas e Sorteiros" como un dos grupos que mellor souberon conservar a idiosincrasia dun pobo, "o galego" e, sobre todo, o legado dos "nosos mellores fonsagradinos".